Listaxe de políticas activas
Nome | Tipo | Consentimento do usuario |
---|---|---|
Aviso legal | Política do sitio | Todos os usuarios |
Non uso credenciais en nome de terceiros | Outra política | Usuarios autenticados |
Resumo
Tagen Ata facilita información sobre a finalidade da recollida de datos, como se tratan e cales son os dereitos das persoas interesadas.
Política completa
Responsable de datos persoais
Tagen Ata é a entidade responsable do tratamento dos datos persoais.Marco legal
A privacidade dos datos como a confidencialidade da información son aspectos de grande importancia para Tagen Ata. Por isto e segundo establece o Regulamento Xeral de Protección de Datos (UE) 2016/679 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e a súa libre circulación desde Tagen Ata establecemos unha política de protección de datos.Seguridade no tratamento
Tagen Ata aplicará as medidas técnicas e organizativas apropiadas para garantir un nivel de seguridade adecuado ao risco que evite a destrución, perda ou alteración accidental ou ilícita dos datos persoais ou a comunicación ou acceso non autorizado a estes datos.Datos da empresa
S. COOP. GALEGA DE TRABALLO ASOCIADO TAGEN ATA LINGUA E COMUNICACIÓN, en cumprimento da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, infórmalle de que:- A súa denominación social é S. COOP. GALEGA DE TRABALLO ASOCIADO TAGEN ATA LINGUA E COMUNICACIÓN
- O seu NIF é F15875305
- O seu teléfono de contacto é 881919342
- O seu domicilio Estrada de Catabois, 127-129, 15405 Ferrol, A Coruña
- Está inscrita no Rexistro Central de Cooperativas de Galicia no libro de inscrición de Sociedades Cooperativas, Tomo V, folla 257-SCT, baixo o número de inscrición 257-SCT.
- E dispón da seguinte dirección de correo electrónico de contacto cooperativa[arroba]tagenata[punto]com
Finalidade do tratamento dos datos persoais en Tagen Ata
- xestión da relación cos clientes na prestación de servizos.
- xestión da relación con potenciais clientes, facilitando información periódica sobre os nosos servizos.
- xestión da relación laboral coas persoas empregadas.
- xestión da relación con persoas candidatas a un emprego na empresa.
- xestión da relación con entidades provedoras.
Dereitos dos titulares dos datos persoais
Os titulares dos datos persoais se o desexan e presentando o documento nacional de identidade, pasaporte ou similar, poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición e portabilidade remitindo un correo electrónico a protecciondedatos[arroba]tagenata[punto]com. O responsable do tratamento terá que dar resposta aos titulares sen dilación indebida. Informámoste que poderás presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos, se non foron atendidos satisfactoriamente os teus dereitos.Encargados do tratamento
A prestación dos servizos ofrecidos por Tagen Ata require da contratación doutros servizos de aloxamento, almacenamento e procesamento. Os servizos tecnolóxicos que pasan as ser encargados do tratamento son:- Algalia S. Coop. Galega
- GoDaddy Iberia S.L.U.
- Tropical Server S.L.
- Google LLC (Google Spain SL)
- Dinahosting SL
- Raiola Networks
- Aitire SL
Webs e formularios
- Tagen Ata ten implantadas todas as medidas técnicas ao seu alcance para garantir a confidencialidade, integridade e dispoñibilidade da información solicitada a través da súa páxina web.
- A recollida de datos mediante formularios coa solicitude da debida autorización ten como finalidade poder, eventualmente, contactar co usuario que visita e completa os formularios existentes no sitio web, agora ou no futuro, para cuestións derivadas da propia relación comercial que se estableza entre ambas as partes e o envío de comunicacións comerciais sempre relacionadas cos servizos ou produtos de Tagen Ata.
- Cando un usuario accede á páxina web de Tagen Ata pode quedar rexistro de parámetros tales como a dirección IP do usuario que se conecta, as páxinas visitadas, a data e a hora da conexión…, que non pretenderán en ningún caso unha finalidade que non sexa a meramente estatística. Calquera outro dato de carácter persoal tipo nome, dirección, teléfono, correo electrónico que non poida ser solicitado baixo un formulario co mero feito de navegar polas páxinas existentes nun sitio web, non estará dispoñible para a entidade se o propio usuario non o proporciona nun formulario disposto para tal fin.
- Tagen Ata non garante a inexistencia de erros no acceso ao sitio web ou no seu contido, nin que este se atope actualizado, aínda que empregará todas as medidas que estean ao seu alcance para evitalos ou emendalos.
- Tagen Ata non asume responsabilidade algunha derivada dos contidos mostrados na conexión a enlaces de terceiros aos que se fai referencia na web.
- A utilización non autorizada da información contida nesta web, así como a lesión dos dereitos de Propiedade Intelectual ou Industrial de
- Tagen Ata non se fai responsable dos posibles erros de seguridade que se poidan producir nin dos posibles danos que se poidan causar no sistema informático do usuario como consecuencia da presenza de virus no ordenador empregado para a conexión aos servizos e contidos da web, dun mal funcionamento do navegador ou do uso de versións non actualizadas do mesmo.
- Tagen Ata resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, modificacións e actualizacións da información contida na súa web ou na configuración e presentación desta.
Resumo
Non cedo ou cederei estas credenciais a terceiros.
Política completa
Declaro que non cedo nin cederei os datos de acceso a esta plataforma para o seu uso por otras persoas no meu nome nin para outras circunstancias.
As persoas titoras ou administradoras da plataforma poderán facer uso puntal das mesmas para solventar algunha incidencia.